logo

UVIGO

O grupo de investigación Applied Power Elecronics Technology céntrase no campo da electrónica de potencia aplicada a sistemas de enerxías renovables, iluminación, transporte e distribución de enerxía eléctrica, microrredes eléctricas, accionamentos electromecánicos de velocidade variable en propulsión/tracción eléctrica e en aplicacións industriais. As actividades de investigación comprenden a análise, modelado, simulación e desenvolvementos experimentais que posibilitan a industrialización das tecnoloxías estudadas.

O grupo de investigación créase de forma oficial no ano 2012, aínda que estas actividades xa as desenvolvían os investigadores desde o ano 2000 no marco doutros grupos. Nos últimos anos, desenvolvéronse proxectos en colaboración con empresas de diferentes sectores ás que se lles transferiu tecnoloxía e/o coñecemento.

Realizou 19 proxectos de investigación internacional, nacional e autonómico, 4 proxectos de investigación subcontratados por empresas de diferentes sectores e supervisión de 100 traballos de fin de titulación a estudantes de grao, #máster e doutoramento.

CONTACTO

info@proxectofisterra.gal

Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.

Subscríbete ao noso boletín

Páxinas legais

Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.