Que é o Proxecto Fisterra?
Fisterra é o acrónimo de Fábrica Intelixente e Sostible mediante Electrónica de Potencia Avanzada e Realidade Aumentada. Trátase dun proxecto de investigación con horizonte en 2026 co que buscamos reducir drasticamente as emisións e o impacto ambiental do transporte marítimo (mercadorías, grandes cruceiros…) nas súas operacións en portos.
Como o lograremos?
Mediante a creación dun convertidor multimegavatio (non existente no mercado) que permita:
- Reducir o consumo de combustibles fósiles, minimizando emisións.
- Aumentar a vida útil dos equipos.
Por que nace Fisterra?
Sabías que o 80% do transporte de mercadorías ten lugar por mar e que supón o 15% das emisións anuais de óxido de nitróxeno (NOx) e o 13% das de óxido de xofre (SOx)? Os barcos de gran tamaño emiten grandes cantidades de toneladas de contaminantes aéreos durante as operacións de entrada, atracada e saída dos portos. Só en 2022, 106 cruceiros emitiron en Barcelona preto do triplo de SO2 que todos os automóbiles que circulan na cidade. Atendendo a estes datos, e sabendo que a descarbonización de infraestruturas portuarias xa está na axenda da UE, Fisterra viuse como a ferramenta clave para reducir a contaminación do transporte marítimo.
CONTACTO
info@proxectofisterra.gal
Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.
