Norvento
Norvento é un dos tres socios de Fisterra. Encargarase da investigación e fabricación do convertidor nos seus centros de fabricación situados en Lugo. Imos contarche máis desta empresa galega que fabrica e deseña desde o local para todo o mundo.
Norvento Enerxía é unha empresa do sector das enerxías renovables, que desenvolve e explota grandes plantas de enerxías renovables, ofrece solucións enerxéticas avanzadas para o autoconsumo, e deseña e fabrica produtos tecnolóxicos para a xeración e almacenamento de enerxía.
Con sede en Lugo (Galicia), conta con máis de catro décadas de experiencia con proxectos e produtos baseados nunha filosofía de innovación, calidade, deseño e sustentabilidade. Grazas á súa experiencia, a compañía afronta os retos do futuro sector enerxético, 100% renovable, co obxectivo de seguir ofrecendo as mellores solucións para os seus clientes e para as comunidades coas que traballa. A través dunha aposta sostida e de futuro pola I+D+i, Norvento deseña, fabrica e comercializa produtos propios de Lugo, como aeroxeradores da gama nED100 a nED1000, conversores electrónicos de enerxía e sistemas de almacenamento eléctricos con baterías.
CONTACTO
info@proxectofisterra.gal
Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.
