De qué fases consta o proxecto Fisterra?
Un programa de investigación como este, cun horizonte de dous anos de traballo, componse de varias fases. En concreto, Fisterra pasará por catro, que se desenvolverán entre 2024 e 2026, dando lugar a diferentes fitos dentro dun proceso iterativo.
Fase 1 | Investigación inicial
Primeiro investigaremos o estado da arte en convertidores multimegavatio para alcanzar un consenso común entre os socios do prototipo final esperado. Tamén estudaremos requisitos e especificacións técnicas para o caso de uso principal previsto neste proxecto, a electrificación de peiraos.
Fase 2 | Creación do xemelgo dixital e primeiro prototipo
A UVIGO levará a cabo simulacións da parte de control e esforzos mecánicos. Pola súa banda o CTAG, á vista da análise realizada na primeira fase, dispoñerá de información para idear un software de axuda ao operario e poder trasladalo a un xemelgo dixital cunha configuración similar á contorna real de fabricación. Como resultado das tarefas de simulación levadas a cabo, Norvento estará en disposición de xerar un primeiro deseño de detalle do convertidor, que servirá de base para a fabricación dun prototipo non comercial.
Fase 3 | Avaliación de casos de uso e implementación de xemelgo dixital
A UVIGO terá a función de testear a parte de control e emular nos seus laboratorios os diferentes casos de uso. O CTAG terá un rol crave na proba da comunicación produto-fábrica para a optimización de procesos de manufacturing, implementando un xemelgo dixital, que levará a cabo nas instalacións de fabricación de NED FACTORY en Vilalba (Lugo).
Fase 4 | Validación e fabricación de convertidores
Definiremos unha contorna de probas e un plan das mesmas para validar o convertidor. En segundo lugar, e de forma paralela ao desenvolvemento da metodoloxía de probas, aproveitaremos para fabricar o primeiro prototipo non comercializable.
CONTACTO
info@proxectofisterra.gal
Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.
