logo

Entrevista en vídeo a José Ignacio Montemayor, de Norvento nED Factory

José Ignacio Montemayor, Norvento nED Factory

“En Fisterra pasamos dun concepto de convertedor a un prototipo real e, á vez, deseñamos a súa liña de fabricación”

José Ignacio Montemayor explica o papel da planta industrial de Norvento no proxecto: definir utillaxes, superficies e fluxo produtivo mentres o convertedor aínda se estaba a rematar de deseñar.

A ferramenta clave foi o xemelgo dixital, unha réplica virtual da liña que permite organizar os postos de traballo, simular o percorrido dos materiais e detectar colos de botella antes de implantar a liña física. Así pódense dimensionar os recursos e axustar o proceso con antelación, o que acurta os prazos de industrialización.

Entrevista en castelán.

CONTACTO

info@proxectofisterra.gal

Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.

Subscríbete ao noso boletín

Páxinas legais

Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.