logo

Entrevista en vídeo a Jorge García, Head of Product Programs de Norvento TECHnPower

“Fisterra quixo resolver a conexión dos buques en porto”

Subministrar electricidade aos buques desde terra mentres están atracados permite apagar os seus xeradores auxiliares e reducir o consumo de combustible e as emisións en porto. Nesta entrevista, gravada no acto de peche do proxecto, Jorge García explica como o convertedor multimegavatio desenvolvido en Fisterra adapta a tensión e a frecuencia da rede ao que precisa cada barco.

Tamén repasa o que supuxo o proxecto para Norvento TECHnPower: equipos de maior potencia e densidade de potencia, con refrixeración híbrida e protección anticorrosión para ambientes salinos, e a colaboración coa Universidade de Vigo, que achegou as solucións de control para a conexión dos buques, e co CTAG, que trasladou a súa experiencia en fabricación en serie da automoción.

Entrevista en castelán.

CONTACTO

info@proxectofisterra.gal

Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.

Subscríbete ao noso boletín

Páxinas legais

Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.