Entrevista en vídeo a Jesús Doval, catedrático de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo
“Desenvolvemos técnicas de control que permiten ao convertedor de porto sincronizarse coa rede do barco e manter en todo momento a calidade da subministración”
Jesús Doval, responsable do grupo Applied Power Electronics Technology (APET) da Universidade de Vigo, explica a contribución da universidade a Fisterra: o control da conexión eléctrica entre o porto e o buque.
Cada barco ten unha rede eléctrica con características propias. Para subministrarlle electricidade desde terra, o convertedor debe sincronizarse con ela e responder a posibles perturbacións sen que se resinta a calidade da subministración. Os algoritmos desenvolvidos xestionan esa conexión e coordinan o reparto de potencia cando interveñen varios convertedores.
Entrevista en castelán.
CONTACTO
info@proxectofisterra.gal
Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.
