Entrevista en vídeo a Carmen Fernández, responsable do Departamento Advanced Factories & Circular Economy do CTAG
“Creamos o proceso produtivo á par que se creaba o produto”
Carmen Fernández explica como o equipo do CTAG abordou o deseño, a simulación e a posta en marcha do proceso de fabricación do convertedor de Fisterra desde o inicio do proxecto.
Dúas tecnoloxías foron protagonistas. O xemelgo dixital reproduce o proceso de fabricación nun contorno virtual e, alimentado con datos reais de produción, permite anticipar o que pode ocorrer en planta. A realidade aumentada leva as instrucións ao posto de traballo e guía o operario paso a paso durante a montaxe. O proxecto traslada así a experiencia do CTAG en dixitalización industrial da automoción ao sector enerxético.
Entrevista en castelán.
CONTACTO
info@proxectofisterra.gal
Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.
