logo

Entrevista a Jorge García, Program Manager de Norvento

“A electrónica de potencia está a ser o driver para xestionar as redes enerxéticas de forma sostible”

Cal foi o maior reto no desenvolvemento do convertidor de electrónica de potencia nesta primeira fase do proxecto?

Desde o punto de vista do deseño do convertidor, a primeira fase abordou as opcións de topoloxías hardware e de control, revisando a estado da arte actual, e definindo uns requisitos que nos permitan afrontar o deseño de detalle con garantías de éxito.

 

As conclusións foron encamiñadas a que a solución final sexa realizable, industrializable e escalable, cumprindo os requisitos de conexión a rede e buque actuais, e tendo unha plataforma de control que nos permita afrontar esixencias máis altas no futuro.

Que impacto terá esta innovación na eficiencia enerxética e sustentabilidade noutros sectores, ademais do transporte marítimo?

A electrónica de potencia está a ser -e no futuro o será aínda máis-, o driver que nos permita xestionar as redes enerxéticas dunha maneira eficiente e sostible. Desta forma, o desenvolvemento que estamos a levar a cabo ten sinerxias co sector ferroviario, xa que permitiría fluxos de enerxía bidireccionales entre a catenaria e a rede de distribución e transmisión.

 

Outros sectores máis usuais no ámbito da xeración, como as renovables, eólica e fotovoltaica, e o almacenamento de enerxía ou os electrolizadores, tamén teñen sinerxias directas co desenvolvemento desta tecnoloxía.

Como se están integrando tecnoloxías avanzadas, como a dixitalización e o control intelixente, no deseño do convertidor?

Os requisitos de conexión a rede cada vez son máis esixentes, xa que teñen que garantir a integración de diferentes sistemas de xeración e consumo, que son cada vez de potencia máis elevada, dentro da rede de distribución de enerxía.

 

Por iso, dispoñer dunha plataforma de control flexible, baseada nas últimas tecnoloxías de dixitalización e control, é fundamental para poder garantir a estabilidade do sistema. Dentro do ámbito do proxecto, tamén estamos a desenvolver unha plataforma hw de control, con moi alta capacidade de procesado de información, que nos vai a permitir afrontar os desafíos futuros.

CONTACTO

info@proxectofisterra.gal

Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.

Subscríbete ao noso boletín

Páxinas legais

Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.