logo

Entrevista a Xesús Doval, catedrático de Tecnoloxía Electrónica da UVigo

“A principal dificultade foi deseñar un controlador que permita que o convertidor funcione de forma estable e segura en calquera condición”

Cal é o enfoque de UVigo no desenvolvemento da estratexia de control do convertidor e que o fai innovador?

A estratexia que se está desenvolvendo permite que, en funcionamento normal, o convertidor traballe como unha fonte de tensión de forma colaborativa con outros convertidores e xeradores. En presenza de faltas ou perturbacións débese limitar a corrente entregada polo convertidor. Ademais, o convertidor debe funcionar de forma estable nun rango amplo de condicións.

Como se traballou na optimización da modularidad e escalabilidade do convertidor?

Avanzouse na definición dunha estratexia de control que permita a conexión de múltiples módulos de conversión en paralelo de forma que cada un entregue a potencia proporcional á súa capacidade en función da demanda.

Que desafíos técnicos xurdiron nesta primeira anualidade e como se han resolvido?

Identificouse a dificultade de deseñar un controlador que permita que o convertidor funcione de forma estable e segura en condicións moi diferentes e en presenza de perturbacións.

CONTACTO

info@proxectofisterra.gal

Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.

Subscríbete ao noso boletín

Páxinas legais

Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.