Entrevista a Jesús Doval, catedrático de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo
“Proxectos como este serven de instrumento para conectar a actividade investigadora coa sociedade”
Que supón para a UVigo participar nun proxecto destas características?
É unha actividade nuclear da UVigo, xa que entre os principais obxectivos da entidade está a colaboración con empresas e a transferencia das capacidades e resultados de I+D+i á contorna socioeconómica.
Que aprendizaxes extraéronse noutros proxectos similares nos que participou a UVigo?
En cada caso obtense unha aprendizaxe e resultados diferentes, pero uno dos aspectos máis importantes deste tipo de proxectos é que serven de instrumento para conectar a actividade investigadora xerada na UVigo coa sociedade.
De que forma nútrense e melloran estes grupos de investigación na UVigo?
Desde o punto de vista humano, os grupos de investigación nútrense principalmente con egresados das titulacións da UVigo. Desde o económico, dotámonos de fontes de financiamento públicas e privadas.
Que achegan ás empresas os grupos de investigación como o que está implicado no proxecto Fisterra?
Os grupos dan apoio á empresa no desenvolvemento do proxecto. En primeiro lugar, achegan o coñecemento xerado previamente, froito do desenvolvemento da súa actividade de investigación e de transferencia de tecnoloxía. En segundo lugar, teñen a capacidade de desenvolver coñecemento novo ao longo da execución do programa.
CONTACTO
info@proxectofisterra.gal
Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.
