logo

Entrevista a Alexia Blanco, recentemente licenciada vinculada ao proxecto FISTERRA

“Sempre tiven claro que quería formar parte de proxectos innovadores e comprometidos co coidado do planeta”​

Que supón para ti participar en FISTERRA, a nivel persoal e profesional?

Sempre me chamou a atención o sector das enerxías renovables, polo que poder participar neste proxecto dáme a oportunidade de contribuír a elas e aprender desde un punto de vista diferente.

Cando estabas a acabar a carreira, imaxinabas formar parte dun programa tan innovador con proxección internacional e clave para reducir a contaminación?

Mentres estudaba, tiña claro que quería formar parte de proxectos innovadores e comprometidos co coidado do planeta. Nunca pensei que en tan pouco tempo alcanzaría ese obxectivo e sería parte dun equipo pioneiro que aborda estes desafíos ambientais.

Que estás a aprender desta iniciativa e que valoración realizas de contar con outros perfís expertos de ámbitos públicos e punteiros como o CTAG e a UVigo?

Coa colaboración de CTAG e a Universidade de Vigo neste proxecto teremos a oportunidade de avanzar no noso sistema industrial desde diferentes ángulos. Dispoñer do respaldo destes perfís permítenos obter importantes avances ao contar cun soporte fiable e con experiencia neste tipo de programas.

CONTACTO

info@proxectofisterra.gal

Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.

Subscríbete ao noso boletín

Páxinas legais

Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.