logo

Entrevista a Adrián Capelán, director de Tecnoloxía en Norvento TECHnPower

“Queremos ser pioneiros, achegar canto antes e abrir mercado”

Fisterra é un fito na descarbonización dos portos, e ninguén previamente investigara sobre iso. Como se detectou que este era o problema que se podía atallar entre as tres entidades (Norvento, CTAG e UVIGO)?

O consumo de combustibles fósiles en operacións estáticas en portos é moi importante e xera unhas emisións moi notables a nivel mundial dunha serie de gases que contribúen para o efecto invernadoiro. É certo que se trataba dunha problemática que non sufriu esa presión, como ocorreu noutros sectores como a automoción. Pero, agora, os obxectivos de descarbonización da Unión Europea obrigan xa por todas a atallar esta problemática e, nese sentido, si queremos ser pioneiros, achegar canto antes e abrir mercado. E que oxalá que outras entidades sígannos, porque a competencia é boa e a resolución da problemática tamén é o importante. 

Neste caso ningunha das tres entidades desenvolverades solucións para o sector do transporte marítimo; como afrontades este reto que vos fai saír do campo de aplicación habitual?

Todo xera sinerxias, especialmente na electrónica de potencia, tan presente no noso día a día en obxectos tan cotiáns como un microondas. Digamos que o coñecemento está aí e simplemente hai que extrapolalo con esa visión e saber aplicalo ben a determinados sectores. 

A UVigo realiza este exercicio, e é certo que abordou unha temática non vista previamente, pero que ten unha clara conexión co que xa viña facendo. Pola súa banda, todo o coñecemento que ten o CTAG en industrialización nun sector tan punteiro como é a automoción é de moitísimo valor para fabricar un produto o máis eficiente posible.

Que supón para Norvento participar neste proxecto?

Forma parte dun plan estratéxico maior e que está vinculado á nosa aposta pola electrónica de potencia. Levamos xa varios anos comercializando equipos, non deste grao de potencias nin neste sector concretamente, pero si apostamos claramente por este modelo de negocio, que é a produción de sistemas que modulan a potencia por vía electrónica. 

Este proxecto é unha porta de entrada a un rango de potencias novas que pretendemos introducir noutros sectores como o do hidróxeno.

CONTACTO

info@proxectofisterra.gal

Proxecto subvencionado polo Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e cofinanciado pola UE.

Subscríbete ao noso boletín

Páxinas legais

Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.